Gastos de envío: 5,95 €. Gratuito para compras superiores a 55 €. Comprar
Facebook Instagram Linkedin
destilerias-mino-logo-principaldestilerias-mino-logo-principal
  • Empresa
  • Licores e cremas
  • Viños
  • Vermut
  • Destilados
  • Gal
    • Es
0 0

No products in the cart.

Return To Shop
Shopping cart (0)
Subtotal: 0.00€

Checkout

Gastos de envío: 5,95 €. Gratuito para compras superiores a 55 €. Comprar
  • Empresa
  • Licores e cremas
  • Viños
  • Vermut
  • Destilados
  • Gal
    • Es
Crear cuenta
Wishlist Please, enable Built-in Wishlist.
Facebook Instagram Linkedin
destilerias-mino-logo-principaldestilerias-mino-logo-principal
0 0
0 Shopping Cart

No products in the cart.

Return To Shop
Shopping cart (0)
Subtotal: 0.00€

Checkout

O PASADO COMO GARANTÍA DE FUTURO

Destilerías Miño é a división comercial e distribuidora do Grupo Paniagua. Somos produtores de augardentes e licores desde 1878. Unha empresa familiar nacida no corazón de Galicia, na localidade ourensá do Carballiño A nosa historia e orixe son a base da ampla variedade de bebidas coas que contamos. A autenticidade do noso pasado é a garantía para idear un futuro que integre tradición e innovación.

O TEMPO, CANALIZADOR DOS NOSOS VALORES

Todo o que nos caracteriza está marcado polo tempo. Os nosos principais valores están definidos polos efectos que o seu paso exerce sobre os nosos produtos e nos coñecementos e virtudes que con el fomos acumulando. A constancia na procura e selección das materias primas, a perseverancia para pulir e acadar a fórmula axeitada, a paciencia para deixarmos que os ingredientes desencadeen as súas propiedades. O tempo, permítenos elaborar produtos completos, ampliar o noso coñecemento e transmitírllelo ás xeracións vindeiras. O tempo é por tanto o elemento común que fai parte dos nosos valores.

TRADICIÓN

O compromiso de cinco xeracións

Facer un bo uso do coñecemento que nos transmitiron os nosos devanceiros é para nós unha responsabilidade. Amplialo e transferírllelo aos que veñen, un desafío. Os nosos produtos non se entenden sen ese compromiso delegado dunha xeración a outra, o garante para mantermos no tempo o saber facer.

CALIDADE

O saber facer

Gústanos o que facemos e gústanos facelo ben. Somos fieis a uns estándares cualitativos, esa é a base dos nosos produtos desde os comezos, ando os plans de calidade se chamaban ‘saber facer’ e eran un valor inherente á elaboración de bebidas. Un valor que herdamos e que ha ser parte do noso legado.

INNOVACIÓN

A resiliencia

As empresas perduran só se teñen a capacidade de se adaptaren aos seus tempos, interpretan as mudanzas que acontecen en cada momento e saben transmitirlle a quen ha vir despois a importancia da resiliencia. A innovación é un valor fundamental na evolución desta empresa, e desenvólvese de forma estratéxica en todas as áreas da organización.

CONECTADOS CO CONTORNO

Nacemos en Galicia hai máis de 140 anos. Somos unha parte activa do noso contorno e imprimímoslle a nosa identidade a todo canto facemos. O lugar do que vimos define o que somos.

A Galicia interior O interior de Galicia está conformado por unha sucesión de paisaxes montañosas na súa zona sur e de elevadas chairas na norte. En ambas impera o verde grazas ao seu clima marcadamente atlántico. Conta con infinitude de ríos, espallados polo territorio como tributarios do Miño que cruzan a súa xeografía en diagonal en dirección suroeste. A combinación da súa morfoloxía, o seu clima e o seu tradicional illamento fixeron de Galicia unha terra que mantén un modo de vida e unhas tradicións marcadamente arraigadas na súa xente. destilerias-mino-empresa-galicia-costa-2 A costa:
Atlántico e Cantábrico
Con máis de 1.600 Km de costa, Galicia é a comunidade con más extensión de litoral. Bañada polo océano Atlántico e polo mar Cantábrico, conta co segundo punto terrestre máis occidental da Europa continental (Cabo Touriñán) e co máis setentrional da Península Ibérica (Estaca de Bares). O mar deulle a Galicia a súa singular xeografía, formando as características rías despois de inundar os vales limítrofes á costa nun proceso que comezou hai 200 millóns de anos. É tamén un dos seus motores económicos, cun sector pesqueiro dos máis importantes do mundo, cuns enclaves portuarios que a converte nunha zona estratéxica. O carácter e a cultura galega están intimamente ligados á súa relación co mar.
destilerias-mino-empresa-galicia-patrimonio O patrimonio Os primeiros sinais de asentamentos humanos en Galicia datan de hai 300.000 anos. As diferentes idades antigas deixaron diversos xacementos e manifestacións que aínda se conservan, entre as que destacan os da cultura castrexa que poboaron a zona desde o século XVIII a.C. A romanización en Galicia foi tardía debido á forte resistencia que exerceron os seus poboadores, pero deixou tambén numerosos vestixios aínda hoxe conservados. A Idade Media trouxo a cristianización, e con ela algunhas das manifestacións artísticas e arquitectónicas máis importantes do actual patrimonio galego, como catedrais, igrexas e mosteiros. O territorio está cheo de referencias patrimoniais de diversa importancia e de diferentes épocas, e é, sen dúbida, un dos seus principais valores. destilerias-mino-empresa-galicia-clima-atlantico O clima atlántico O rápido fluxo de auga cálida que sae do Golfo de México e se converte na corrente do Atlántico Norte, asegúralle a Europa un clima máis cálido do que lle corresponde á súa latitude. Galicia é unha das rexións que máis se beneficia desta circulación oceánica, ofrecendo un dos réximes climáticos menos contrastados e un ritmo constante de precipitacións, humidade, temperaturas e insolación ao longo de todo o ano. Precipitacións abundantes e ben distribuídas, temperaturas suaves e poucos contrastes térmicos grazas aos efectos das masas máis cálidas e húmidas, arrastradas por ventos xeralmente de compoñente oeste, fan desta zona do Atlántico un lugar con amplas posibilidades no desenvolvemento da industria agroalimentaria.

Onde estamos

P.I. Uceira, Parcela 47
32500 O Carballiño
Ourense

logo-footer-retina

P.I. Uceira, Parcela 47

32500 O Carballiño
Ourense
Email: info@destileriasmino.com
Teléfono: +34 988 270 444

OUTRAS WEBS DO GRUPO

ENLACES DE INTERÉS

Aviso legal

Términos y condiciones

Política de protección de datos

Política de cookies

Quiénes somos

Contacto

ÚLTIMOS ARTIGOS DO BLOG

Povarelo colabora no VI Rastrillo Benéfico de ...

27 Setembro, 2023 Comentarios desactivados en Povarelo colabora no VI Rastrillo Benéfico de ELA España

© Creado por FL e DMB | Termos e condicións

We are using cookies to give you the best experience on our website.

You can find out more about which cookies we are using or switch them off in .

Destilerías Miño
Powered by  GDPR Cookie Compliance
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.

3rd Party Cookies

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!